Queremos repasar as entrevistas feita por Rúbrica Dixital aos nosos socios e socias durante o ano 2024. Aquí van as entrevistas
O que conta é como se conta. A comunicación como valor estratéxico de marca
Novo #afterwork de Markea & @Clúster da Comunicación de Galicia onte no @Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo. Nesta ocasión achegámonos ao mundo da 𝗖𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗼𝗿𝗽𝗼𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 e a súa importancia na estratexia para aportar valor a unha marca.
Marta Ferro falounos da súa experiencia, moi especialmente á fronte de Closet Comunicación, o seu proxecto en Galicia desde fai máis de dez anos, traballando para marcas tan representativas como Florentino, Conservas Albo ou Baía Software por citar só algunha delas. Ademais, Marta é a cara visible en Galicia da revista Forbes (nada menos!!).
Aínda debe ser entendida, en boa parte das empresas galegas, a importancia estratéxica da Comunicación e o Marketing, como garantía de valor para unha marca. E, ademais, non é necesario ir a Madrid para buscar unha boa empresa de Comunicación (a ver cando nos sacudimos ese complexo).
A Comunicación é un traballo do día a día e os seus resultados tardan en chegar, pero hai que ser constante, ben traballada, acaba dando os seus froitos. Á fin e ao cabo, como dicía Marta na súa presentación: “𝗟𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗱𝘂𝗰𝘁𝗼𝘀 𝘆 𝘀𝗲𝗿𝘃𝗶𝗰𝗶𝗼𝘀 𝗽𝘂𝗲𝗱𝗲𝗻 𝘀𝗲𝗿 𝗰𝗼𝗽𝗶𝗮𝗱𝗼𝘀, 𝗹𝗮𝘀 𝗺𝗮𝗿𝗰𝗮𝘀 𝗻𝗼”.
Grazas a Alberto Granada que foi o representante de Markea na charla e quen nos pasou este resumo para os que non poidemos asistir.
E por suposto, grazas ao Cluster e a o Círculo de empresarios de Galicia.