skip to Main Content
Whatsapp Image 2019 03 15 At 14.38.38

O que non sabiamos do surimi. Visita a Pescanova

A semana pasada tivemos a sorte de visitar unha das poucas fábricas de surimi no mundo, aquí en Galicia, da man de Gemma Abujas, a súa directora de marketing e Marta Otero, a directora da fábrica. Sí, trátase de Pescanova, que está a traballar arreo para saír dunha situación complicada que xa queda atrás, e avanza tan rapidamente que a súa expansión xeográfica e de produtos é admirable.

Contáronnos os alicerces sobre os que se asenta a nova estratexia de Pescanova, e como os cambios introducidos nos últimos dous anos están dando os seus froitos, tanto no ámbito interno da empresa como de cara ao exterior. Traballan nestas bases para fortalecer o seu ADN.

ADN Pescanova – Marta Otero, Directora de la Fábrica de Surimi

Constatamos que a innovación e o marketing son dous motores importantes que impulsan á marca, así como a posta en valor da RSC, algo que xa estaba no ADN da marca pero que non se comunicaba, como nos apuntou Gemma. Proba diso témola no documental “La ciudad que nació del mar”, que lanzaron hai uns días, no que se ve como a chegada de Pescanova a un territorio mellora a vida nese lugar, e isto é algo que sucede en todos os casos.

Centrándonos na vista á fábrica de surimi, descubrimos que este produto faise con peixe de calidade (ao redor dun 50% na súa composición dependendo de se é conxelado ou refrixerado). Tamén descubrimos que o que comercializa Pescanova é de calidade media-alta e o mercado está en crecemento no noso país, o que representa un tercio das ventas da compañía. A verdade é que nos sorprendemos bastante con este produto e que moitos de nós mudamos o concepto que tiñamos do mesmo, por suposto, a mellor.

A visita foi toda unha experiencia, non só por visitar unha fábrica singular no mundo, senón tamén pola compañía de Gemma e Marta, que estiveron en todo momento moi atentas ás nosas preguntas e necesidades. Tamén por suposto, polo refrixerio que nos deron despois, onde atopamos moitas máis variedades de produtos baseados no surimi dos que podiamos imaxinar.

Grazas ás nosas anfitrionas e a todos os que viñéchedes compartir unha experiencia Markea, unha vez máis.