O rol do/a director/a de marketing, a debate grazas a Markea
Este venres organizamos en Hi Coruña unha mesa onde falamos do rol do/a director/a de marketing. Un tema ben interesante, e para o que non sempre temos resposta debido ás múltiples ofertas de emprego que nos atopamos, onde se mesturan 4 ou 5 postos de traballo nun só posto.
Para iso xuntamos nunha mesa a unha directora e a un director de marketing, Ana María Vázquez de Bico de Xeado e a Ramón de Meer, de Hijos de Rivera; a unha líder en Recursos Humanos, Fanny López-Amado de Vegalsa-Eroski; a un docente en marketing, a Roberto Fraga e por último a un CEO moi pegado á área de marketing, Juan Vázquez, de Martín Códax.
O evento comezou cunha pequena presentación do espazo Hi por parte de Gelines Romero. Logo, a nosa Vicepresidenta Lucía González deu a benvida a todos os relatores e asistentes, e explicou o motivo do encontro. “En Markea somos conscientes da importancia de definir de forma adecuada o rol do director e da directora de marketing, para deixar de ver ofertas de emprego que mesturan múltiples funcións nun só perfil. Ao igual que unha médica ou un profesor teñen funcións acotadas, no marketing tamén debemos defender a especialización de postos. Non podemos nin debemos saber de todo.”
Feitas as presentacións, deu inicio a mesa redonda, moderada por Luisa López, xornalista experta en comunicación.
A primeira pregunta foi, que é para ti un/unha director/a de marketing. E non é unha pregunta sinxela, porque nin chatgpt puido respostar. Para Ramón de Meer, “xa non é unha figura presidencialista, senón parte dun equipo”. Roberto Fraga describiuno como “un enxeñeiro estratéxico, a ponte entre o negocio e a marca”. Ana Mª Vázquez destacou o seu papel como “conector entre a marca e o cliente, capaz de xerar ruido”. Juan Vázquez definiuno como “o inspirador da senda, con visión, empatía e intelixencia emocional”. E Fanny López-Amado subliñou a súa función como “responsable dos plans estratéxicos e de dar visibilidade á marca”.
Despois desta pregunta introdutoria, cada profesional falou dende a súa propia perspectiva e experiencia, compartindo a súa propia visión e experiencias. Saíron capacidades e habilidades como traballo en equipo, capacidade de análise, pensamento crítico, intelixencia emocional, integrador de cambios e cuestionarse sempre todo.
Tamén houbo tempo para falar de ferramentas que precisa dominar unha persoa directora de marketing, como a IA e a tecnoloxía en xeral, para sacar os mellores resultados optimizando o tempo.
A mesa redonda rematou poñendo en valor o papel do equipo e das persoas.
Este foi o primeiro dos eventos. En Markea plantexamos organizar un segundo, moi pronto, onde seguir afondando neste tema tan interesante como a definición dos roles das persoas que forman parte dun equipo de marketing. Máis alá do papel do director/a de marketing, nun departamento hai outros roles que tamén precisan a súa definición. Permanece atento/a ás nosas redes sociais!!
A persoa directora de marketing é responsable do equipo e o equipo é responsable dos resultados. Simon Sinek
Utilizamos diferentes tipos de cookies para optimizar o noso sitio web. Recomendámosche aceptar tamén as cookies analíticas e de personalización para unha mellor experiencia de navegación e mellorar os nosos servizos
Funcionais
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estrictamente necesario para o propósito lexítimo de habilitar o uso dun servizo específico solicitado explicitamente polo suscritor ou usuario, ou para o único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
De personalización
O almacenamento técnico ou o acceso son necesarios para o propósito lexítimo de almacenar preferencias que non son solicitadas polo suscritor ou o usuario.
Analíticas
O almacenamento técnico ou acceso que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo para este propósito no puede generalmente ser utilizada para identificarlo.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nun sitio web ou a través de varios sitios web con fins de marketing similares.