skip to Main Content
Polo 2

O teu cliente é dixital. A túa empresa tamén o é?

Con este título comezou a ponencia que nos ofreceu Juan Luís Polo, socio fundador e Director da axencia Good Rebels no Congreso Flúor, celebrado durante o mes de xuño en Pontevedra.

Durante os primeiros minutos da sesión, Polo deunos exemplos de como a forma de comunicarse clientes-empresas está a cambiar a un ritmo frenético, e a tecnoloxía xoga un papel fundamental. Quen se imaxinaba que existiría a profesión de youtuber hai poucos anos? E máis aínda, quen pensaba que a revista Time podería entrevistar a un youtuber como líder da Next Generation?

Aterrizado ao mundo empresarial, por que cres que o Corte Inglés lanzou o seu primeiro seguro que premia o estilo de vida saudable? Ou AirFrance, que mediante a gamificación premia aos seus clientes máis en forma con viaxes?

Juan Luis Polo fíxonos reflexionar sobre os principais elementos que deben ter en conta as empresas para comunicarse cos seus clientes, e moito teñen que ver cos exemplos anteriores:

A importancia dos datos no teu negocio

Incorpora na túa empresa aplicacións coas que poidas interactuar co teu cliente mediante a gamificación. Desta forma, terás datos moi valiosos sobre o estilo de vida, gustos e costumes dos teus compradores, polo que poderás adaptar os teus produtos e servizos ás súas necesidades.

Fai do teu cliente interno e externo un colaborador

Nunha sociedade onde as redes sociais marcan as relacións, conquista ao teu consumidor para que sexa o teu mellor altofalante nas redes. Xerando unha experiencia positiva ao redor da compra ou do uso do teu produto, lograrás non só gañar no momento da compra, senón tamén a posteriori coa súa publicidade nos medios sociais.

As marcas que coidan aos seus clientes, tanto internos coma externos, e que son atractivas, coherentes e aliñadas cos seus obxectivos de negocio, teñen 2 veces máis candidatos nos procesos de selección que a competencia, un 43% menos de custes de selección, un 40% máis de taxa de fidelidade e un 28% menos de rotación nos seus postos de traballo.

 

De quen te vas fiar máis, dun traballador ou cliente que fala ben da marca onde traballa ou da que é consumidor, ou do CEO de dita empresa?

 

Juan Luis Polo @Fluor

Uns tips finais

Juan Luis Polo rematou a súa charla dándonos uns consellos finais para as empresas dixitais:

  • Implica aos teus clientes 
  • Xera contido de calidade que poida ser compartido, tanto polos teus clientes internos como polos externos
  • Usa os datos na túa estratexia de marketing
  • Recolle resultados e toma decisións en base a eles. Por exemplo, o 50% das persoas prefiren escoitar música e non almacenala, de aí o éxito de plataformas como Spotify