Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
O uso do galego no marketing e a comunicación
O pasado 14 de maio celebrouse unha mesa redonda na que se debatiu sobre o papel que xoga o galego nas áreas de marketing e comunicación actualmente. Levouse a cabo grazas ao labor do Instituto Galego do Talento (IGATA), quen con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e en colaboración con IESIDE, organizou este encontro, co obxectivo de poner en valor o uso do galega nas áreas comentadas e dar visibilidade a aquelas entidades que así o fan.
Unha mesa moderada por Laura Romero, de IGATA, na que profesionais das áreas de Comunicación e Marketing, falaron dende a súa experiencia, do uso do galego nestas disciplinas, de si ten máis ou menos relevancia hoxe que hai una década, de si evolucionou…
Alí estiveron: Ana Veiga, Responsable de Comunicación de Galejobs, Gloria Rodriguez, Coordinadora de Comunicación de Afundación e o noso presidente, Xosé Luis Reza.