Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

Obradoiro de LinkedIn. Traballando a marca persoal
Hai uns días tivemos a oportunidade de levar a cabo un Obradoiro de LinkedIn con David Díaz Robisco, un dos mais grandes coñecedores de esta ferramenta.
Foi una xornada moi produtiva, na que aprendimos a mellorar o noso perfil para que resulte mais atractivo a nosa audiencia, e sobor de todo, para que mostre de qué maneira podemos axudar aos demais, xa que este debe ser o noso obxectivo nesta plataforma.
En LinkedIn non te vendes, te compran
David Díaz Robisco
Comezamos pola auditoría dos nosos perfís. Traballamos aspectos tan importantes coma a foto do perfil , o noso fondo de perfil e o titular. E deixounos deberes para atacar ao extracto. 😉

Despois, pasamos a xeración de contidos que enganchen co noso público, que era un dos aspectos mais demandados polos asistentes. David ensinounos o Método TROYA, un instrumento moi interesante para deseñar contidos que nos leven a conseguir que mais xente os lea e reaccione a eles. En definitiva, contidos que xeren conversas, pero non só no online senon, e ainda mais importante, no offline.

Tamén explicounos David a maneira de facer novos contactos, cómo dirixirnos a eles, e para iso fixemos un pouco de boxeo. Sí, sí, boxeo. Mirade a foto…

En resumo, foi un Obradoiro moi divertido, interesante e útil, coma todas as actividades de Markea, non credes? 😉
Extra: mais fotos!!


