O III MarkeaFest é a nosa cita anual co territorio e o marketing: un lugar, a xente e a sensación de estar exactamente onde había que estar.
Obradoiro Lego con Markea
Ao longo do pasado venres, en dous grupos de traballo, os socios de Markea tiveron a oportunidade de aprender e compartir unha xornada de reflexión estratéxica utilizando a metodoloxía LEGO. Un divertido e práctico xeito de pensar en futuro. Grazas a María Ucieda, da Escola Europea de Negocio, por achegar o método e a Lorena Rey e Silvia Merino, Marineda City, por exercer de grandes anfitrionas.
