Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Onde están as persoas? por Martín Pietragalla
Martín Pietragalla, Head of Digital Strategy de Grey, profundizou durante o Congreso Flúor sobre a importancia de deseñar boas campañas de publicidade, xa que un bo anuncio crea, marca e inspira.
Quedámonos con estes catro consellos para que as marcas sean máis valoradas polas persoas, poñendo exemplos:
1. Rompe co prestablecido
Por exemplo, Hasbro convida aos nenos a xogar con muñecas. O spot “We All Can Take Care” amosa a nenos xogando coa muñeca Baby Alive de Hasbro e explica que así aprenden a coidar dos demais.
2. Ponte nos zapatos do outro
Un exemplo que puxo Pietragalla foi da campaña popularizada pola marca galega Adolfo Domínguez, onde se nos convida a “ser máis vellos”. A túa marca emociona?
3. Faite cargo do impacto xerado
Un bo exemplo e que todos temos na nosa retina é a resposta maxitral que o CM de Netflix lle deu a un usuario descontento co seu catálogo de series e películas. Mesmo chegou á rúa en forma de campaña. Así que xa sabes, atende e contesta aos teus seguidores.
4. Da ferramentas ao teu público
Para acabar un último consello. Fai como a Biblioteca de Nova York, que difunde a través dos seus stories consellos literarios e recomendacións. Boa idea!
Para acabar, Martín Pietragalla fíxonos unha pregunta. Se a túa marca fose unha persoa, convidaríala a sentar na túa mesa?