Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Os directores de marketing de Galicia vén o futuro con bos ollos
Isto é o que nos gustaría destacar do estudo que vén de realizar iuni strategic marketers coa colaboración de Avante Evolumedia, e que foi presentado a finais de maio nas instalacións do Grupo Quatrium, casa cedida pola nosa socia Ana Maceira.
Algúns de vós puidéchedes asistir á presentación física e outros seguimos a presentación en streaming 🙂
Tras unhas breves palabras de Alfonso Boullosa, Director noroeste de Avante Evolumedia; Maruxa Magdalena, Directora de Marketing do RC Celta e Juan Carlos Silva, Director de Marketing de Frinsa, aportaron a súa visión do marketing na nosa comunidade, como panelistas do estudo.
Logo destas intervencións Beatriz Pereira, CEO e socia directora da área de investigación de mercados de iuni, pasou a debullar os resultados da investigación que levou a cabo xunto ao seu equipo.
Deixámosvos aquí algunhas conclusións:
- A maioría da inversión publicitaria foi para medios convencionais, seguido de lonxe por buzoneo e encartes.
- Os equipos de marketing son multidisciplinares e a gran maioría externalizan actividades.
- A actividade de marketing máis frecuente neste 2020 foi o lanzamento de novos produtos.
- No dixital, durante o 2020, aumentou o peso dos Banners en Grupos Editoriais ata un 85%.
Un dos apartados máis atractivos do estudo é a valoración das mellores campañas do ano, tendo en conta que son os colegas do sector os que votan. Deixámosvos a lista:
- Estrella Galicia. “La Resistencia”
Gadis. “Non vas poder con nos”
Larsa. “Aquí facémolo así”
Pescanova. “Navidad 2020”
Turismo. Xunta de Galicia. “Camiña a Galicia”
Se queredes coñecer cal de estas campañas foi a mellor para os directivos de marketing galegos e os resultados completos da investigación, incluídas as expectativas para o 2021, fai clic aquí para descargar o estudo completo.