Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Os valores dunha marca en tempos de crise
A crise da COVID- 19 está a provocar escenarios de vulnerabilidade, incertidume, falta de seguridade e as empresas deben adaptarse ante unha situación na que é imposible quedarse á marxe.
Charo Calvo, Product Manager de El Camino con Correos incidiu en que as marcas para saír reforzadas desta situación deben voltar a conectarse coa súa misión (por que), a súa visión (cara onde) e valores (como). E amosou exemplos de empresas vén recoñecidas como Inditex, Mercadona, Seat ou o Santander, que foron as que máis investiron en responsabilidade social durante a pandemia.
Outras marcas que axudaron nesta situación e repensaron a súa misión, visión e valores foi Correos, que traballou a través de voluntarios en levar comida a quen máis o precisa, en transportar material sanitario a hospitais e estableceu máis de 200 alianzas con ONGs e máis de 300 con empresas a través da iniciativa de Ayudar en lo que podamos.
El Camino con Correos
E nesta situación El Camino con Correos tamén repensou os seus valores xerando máis engagement cos seus públicos de interese a través da conciencia ética tal é como nos narrou Charo.
A través da potenciación dos valores do Camiño, hospitalidade, espiritualidade, paz, solidaridade, sostibilidade, forza e fraternidade xeraron multitude de contidos de valor para axudar aos peregrinos que estaban no Camiño.
Tamén crearon diferentes redes de apoio mediante #ComparteTuCamino e axudaron a que peregrinos puidesen cancelar reservas e recuperar o seu diñeiro mediante unha atención personalizada.
Os resultados desta política de axuda e solidaridade fixéronse notar e conseguiron unha moi boa proxección da marca a nivel internacional, un maior engagement e interacción en redes sociais, aumento do tráfico web, consolidación cos grupos de interese e reforzo da imaxe da marca.
Conclusións
Deixámosvos as conclusións coas que Charo rematou a súa intervención:
- O desenvolvemento dos nosos valores mellorarán a nosa relación con clientes internos e externos e a crear relacións emocionais.
- CONGRUENCIA. Ser o que dicimos que somos.
- Os valores compartidos levan a resultados sostibles e xeran identificación coa marca, melloran a nosa reputación e axudan no noso posicionamento.
- HUMANIZAR as empresas.
- En tempos de vulnerabilidade, buscamos CONFIANZA e SEGURIDADE.
- ESCOITA, DIÁLOGO e adaptación ás necesidades dos nosos stakeholders.
- As empresas/a e a publicidade non só reflexan valores, tamén contribuén a promovelos e difundilos. Necesidade de que as empresas conten cunha RSE. Axenda 2030.
Graciñas por participar neste afterwork na casa, Charo, e estaremos ben atentos ás novidades de El Camino con Correos ?
Agradecemos ao Cluster da Comunicación por axudarnos na organización, ao Círculo, Dircom e a Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.