skip to Main Content
07c72a79 0e24 41b1 8e5f 0647c9b650b2

Panorama dos medios na nova normalidade

Undécimo afterwork de Markea! Onte acompañounos Álvaro Brandau, Director de Desenvolvemento Estratéxico de Avante Medios, profesional que leva máis de 15 anos adaptándose a novas normalidades.

Avante Medios é un grupo formado por máis de 80 traballadores e teñen máis dunha decena de oficinas repartidas por España e tamén teñen presenza a nivel internacional.

Álvaro Brandau incidiu que esta nova situación causou unha aceleración de tendencias:

  • O IA vén pisando forte
  • Asistentes de voz
  • O texto está indo a menos en contraposición ao audio e vídeo
  • Big Data e hiperpersonalización
  • Reivindicación dos medios tradicionais
  • Do branded content ao branded experience
Tendencias 2020 – Avante Medios

En xeral, vivimos unha adaptación tecnolóxica de todos os sectores á vez. Os maiores descubriron o ecommerce, os nenos a asistencia ás clases online e os adultos co teletraballo. En contraposición, buscamos durante esta situación aferrarnos a certos costumes coñecidos, como é facer pan e postres por exemplo, o incremento do consumo da televisión e radio, etc.

Valoración dos medios

A nosa relación cos medios durante o confinamento foi moi diversa. Valoramos moito os medios, pero tamén buscamos outros modos de entretemento como a televisión en streaming e acudimos ás redes sociais, en función do que o usuario precisaba.

Pola contra, tamén vivimos a pandemia da desinformación. Politización das novas, as fake news e a infoxicación pola saturación á exposición dos medios.

O usuario construiu o seu propio mix de medios en función das súas necesidades, e aí as axencias e medios temos que adaptarnos

Tipoloxía de cambios que afectaron ao consumo de medios

Esta nova situación provocou unha aceleración do cambio, cambios asociados a estas tres tipoloxías:

  • Circunstanciais: provocados polo confinamento. Por exemplo, o consumo de publicidade offline viuse reducido.
  • Comportamentais: teletraballo, ecommerce e diferentes formas de socialización. O consumo de televisión aumentou durante a mañá por exemplo.
  • Emocionais. Acudimos aos medios para sentirnos máis seguros.

Os cambios comportamentais xeraron hábitos. Por exemplo, temos que ver se o ecommerce xera novos targets de consumidores. Os cambios vinculados ás emocións vinculan ao consumidor con diferentes sensacións. Por exemplo, cando España gañou o Mundial. As campañas de publicidade que vexamos van contaxiarse de emocións.

A transformación dos medios

Os medios non van morrer, senón transformarse. Estas son as novas tendencias que deben asumir os medios para adaptarse ás novas necesidades dos consumidores:

  • Dixitalización dos medios tradicionais
  • Personalización
  • Adaptabilidade a situacións inesperadas
  • Localismo, consumo do local
  • Garantías, os medios deben responder de forma crible

A televisión debe sacar proveito de contidos emitidos en directo, que os diferencian das plataformas en streaming.

A radio foi un dos medios que gozaron de maior credibilidade, pero ten unha serie de retos, asociados co consumo baixo demanda a través de contidos gravados.

Os medios exteriores foros dos que máis sufriron pero entenderon as poucas oportunidades que tiveron para xerar notoriedade noutros medios. Por exemplo, campañas en medios exteriores de apoio ao sector sanitario. Netflix tamén usou o medio exterior para anunciar a desescalada. A curto prazo, as tendencias pasarán polo recoñecemento facial e por voz.

“La calle”, nuevo anuncio de Netflix para animar la desescalada
@MarketingInsiderReview

O cine tamén ten un novo reto, que é ofrecer garantías e seguridade ao consumidor. A curto prazo Álvaro indicou que o cine irá da man de plataformas de streaming e que farán estratexias en conxunto.

A prensa escrita tamén ten que reinventarse, cautivar a un target novo, poñer en valor a súa credibilidade e ao seu produto, tanto en formato como en contido, optando polo consumo baixo subscrición seguindo o modelo de Estados Unidos.

Estratexias de medios nos próximos meses

  • Adaptabilidade ao cambio. Estratexias nada pechadas e totalmente adaptables a cambios no consumidor e á contorna
  • Escalabilidade, modulando a actividade segundo o contexto e resultados
  • Versatilidade, debemos contar con todo tipo de medios xa que o consumidor escolle diferentes modalidades
  • Entender cales son os grupos decisores, quen decide e quen me compra
  • Estudar o proceso de compra, como me compran os meus consumidores
  • Motivacións dos meus clientes, por que me compran e cales son as súas motivacións

Álvaro rematou a súa estupenda charla cunha frase moi inspiradora, que non pode definir mellor como é o noso consumidor e a situación actual.

Ninguén se baña dúas veces no mesmo río. Non somos os mesmos nin nós nin a nosa contorna.

Heráclito

Moitísimas grazas Álvaro por acompañarnos. É un verdadeiro luxo contar con testemuños deste valor. Agradecemos enormemente ao Cluster da Comunicación por axudarnos na organización, ao CírculoDircom e a Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo seu patrocinio.