Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Para diseñar, hai que ter valor. Último afterwork da tempada.
No último afterwork da tempada tivemos a ocasión de escoitar a David Silvosa, socio de Costa Comunicación Visual, falando do valor.
Falounos do valor, nas suas múltiples acepcións: cualidades, osadía, rédito, etc. e sobre a necesidade de ter valor para enfrentarse a un proxecto de diseño. Comentounos tamén que “Diseñar debe estar ao principio da estratexia, entendendo o deseño coma unha solución a un problema”, e tamén que “o deseño ten valor, e podemos cuantificalo”.
David achegounos exemplos reais destas afirmacións.