Onte celebramos unha desas sesións que deixan pegada. Xunto co Clúster do Ecommerce Galego, na…
Participación de Markea no Congreso de Comercio Galego
O 18 de novembro o presidente de Markea, Xosé Luis Reza, participou na sesión inaugural do Congreso de Comercio Galego. A charla versou sobre as estratexias de marketing aplicadas ao pequeno comercio.
O evento, realizado de forma telemática, abordou en profundidade a situación e perspectivas do sector comercial galego. Tamén puxo especial atención a retos como a modernización, transformación dixital, comercio online, claves de éxito comercial, comportamento e necesidades do consumidor entre outros.
O Congreso de Comercio Galego estivo organizado pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

