Desde Markea acabamos de analizar os datos do Índice de Expectativas dos Directores de Marketing…
Pistoletazo de saída de Markea en Madrid
Hoxe, xoves 25, arranca unha nova etapa de Markea.
En Madrid, un pequeno pero marabilloso grupo de marketinianos galegos na diáspora xuntáronse para poñer en marcha un novo espazo de networking, de coñecemento, de fomento do marketing… con moita ilusión e ganas de facer cousas por alí.
Paz Comesaña, elexida por unanimidade, será a encargada de liderar esta ‘delegación’… atoparemos moitas cousas para facer dende aquí para alí e viceversa.
Unha pequena semente que, de seguro, fará crecer a Markea tanto cuantitativamente coma cualitativamente.
