Política de Privacidade

 

Política de Privacidade

Consonte as obrigas e ó compromiso adquirido no coidado da privacidade pola “Asociación de Profesionais do Marketing de Galicia” (“Markea”), pregamos a tódolos usuarios que acceden ó sitio web https://asociaciongalegademarketing.com(“O Sitio Web”) para saber das actividadesdesta asociación e comparti-las súas impresións ó respecto, que boten unha ollada á seguinte información que atinxe ó uso de datos persoais a través do Sitio Web por parte de Markea:

información básica sobre tratamento de datos persoais
Responsable do tratamento asociación de profesionais do marketing de galicia (‘markea’)

[marca rexistrada_ ®Asociación Galega de Marketing Markea]

Finalidade Atención a consultas formuladas online por usuarios do Sitio Web en relación ás actividades e fins de markea
Base xurídica Consentimento do interesado
Destinatarios A identificación do usuario do Sitio Web que fai públicos os seus comentarios chegan ó público en xeral
Dereitos Acceso, rectificación ou supresión, limitación ó tratamento, dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas, oposición, portabilidade, e dereito a reclamar inatención de derechos ante a Autoridade de Control (Axencia Española de Protección de Datos, ‘AEPD’)
Información adicional No sitio web da AEPD. Pode consultar: https://www.aepd.es/media/guias/guia-ciudadano.pdf

 

Para que o titular dos datos persoais tratados no Sitio Web poida exercer calquera dos dereitos indicados na táboa previa con plenas garantías, ampliamos a información resumida na mesma a través de respostas ás seguintes preguntas. Vexamos:

 

  1. ¿Quen é o responsable do tratamentodos teus datos persoais?

É a “ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO MARKETING DE GALICIA”(‘MARKEA’), con domicilio profesional en C/ Enrique Dequidt Hevia, 15 (local 31), C.P. 15.005, A Coruña (A Coruña).

Poderás contactar cá asociación chamando ó nº de teléfono (+34) [*]), escribindo ó enderezo de correo electrónico [*], ou ben a través do “formulario de contacto” a túa disposición no Sitio Web, sen prexuízo da posibilidade que tes de consultarnos o que estimes do seu interese publicamente, a través de comentarios/preguntas formuladas no espazo dedicado a tal fin tras cada entrada/publicación de MARKEA no Sitio Web.

 

  1. ¿Para qué se recollen os teus datos a través do Sitio Web e con qué propósito os empregará MARKEA? 

Os datos persoais que facilites a través de calquera das vías de contacto referidas previamente serán utilizados para responder as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios dirixos a MARKEA a través do Sitio Web.

En todo caso, lembra que para publicar comentarios no Sitio Web, requiriremos aceptes ter lido a presente ‘Política de Privacidade’, de modo que teñamos constancia de que sabes que facelo implicará a divulgación da túa identidade (agás a túa dirección de correo electrónico) na cabeceira de cada comentario.

Polo contrario, cando empregues o formulario de “CONTACTO” para dirixirte a MARKEA, estarás facendo comentarios en modo privado. Nese caso, os datos de contacto do Usuario protexeranse de modo seguro, se ben, MARKEA os conservará

 

  1. ¿Cal é a base xurídicaque lexitima o tratamento dos teus datos persoais?

É o teu consentimento,na medida en que estarás autorizando o tratamento dos teus datos a través dunha ‘clara acción afirmativa’ cando publicas, identificándote, o teu comentario/consulta no Sitio Web.

 

  1. ¿Comunicará MARKEA os teus datos persoais a alguén? 

Cando compartes a túa opinión có público que accede ó Sito Web a través desta canle, os teus datos persoais (nome e/ou apelidos/ opinións ou comentarios) son cedidos por ti ó publico, de maneira voluntaria e previa información a través da presente política de privacidade

 

  1. ¿Durante canto tempo conservará MARKEA os teus datos?

 No tocante á información persoal que fas pública a través dos teus comentarios no Sitio Web, a mesma será visible mentres a noticia á que se refire esté exposta no Sitio Web. Logo de retirada dita noticia, MARKEA somentes conservará a información persoal compartida dese modo cando unha lei obrigue a elo (p.ex. comentarios de contido ilícito, de cara a posta a disposición destes á autoridade xudicial).

 

  1. ¿Qué dereitos tes sobre os teus datos?

Poderás exercita-los dereitos de acceso, rectificación ou supresión, oposición ó tratamento dos teus Datos, o de limitacióndo seu tratamento, a non ser obxecto de decisións automatizadasou ben solicitar en calquera momento se revoque o consentimento que prestaches para as finalidades indicadas por Markea (vid. táboa inicial), así como o dereito á portabilidadedos teus datos.

Deberás facelo por escrito, achegando fotocopia do seu D.N.I., pasaporte ou doutro documento válido que te identifique, dirixido ó e-mail presidencia@markea.es, co título (asunto) “MARKEA. RGPD”

Cando recibámo-la  túa solicitude, enviarémoste un formulario que terás que cumprimentar para que poidamos dar curso á mesma.

 

  1. ¿Qué podo facer se o responsable do tratamentonon atendese os meus dereitos?

Se consideras que os teus dereitos non foron oportunamente atendidos, poderás iniciar un procedimiento de “tutela de dereitos” ante a AEPD (Vid.: https://www.aepd.es/media/guias/guia-ciudadano.pdf).