Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Por que é importante ter un bo hosting?
Onte Iván Expósito, responsable do departamento de Soporte técnico de dinahosting, foi o protagonista dun novo afterwork no Club Financeiro de Santiago. Na súa charla expuxo os puntos máis importantes para a escoller o mellor hosting para o teu proxecto.
O primeiro no que tes que pensar é a tecnoloxía que queres usar, xa que existen moitas e moi variadas. WordPress é unha das máis populares, pero todo dependerá do teu proxecto. Se tes unha tenda online, tal vez un Prestahop ou WooCommerce che virá mellor. Tamén tes que reparar en canto espazo precisas para a túa web, e dependendo do seu tamaño, terás que escoller un plan de hosting ou outro.
Non te esquezas das contas de correo, xa que en función do plan de hosting que contrates, poderás ter máis ou menos. Coincidirás en que a seguridade é moi importante. Pídelle á túa provedora de servizos as copias de seguridade e ten en conta os contidos que inclúen. No momento menos pensado de seguro que as precisarás.
Indo un pouquiño máis aló, ferramentas como os sistemas de caché, HTTP/2, CDN ou as versións actualizadas de PHP e MySQL axudaranche a mellorar o rendemento da túa web, o que se transforma nun mellor posicionamento orgánico.
Se precisas máis información sobre como escoller o teu hosting ou das ferramentas máis avanzadas, podes contactar cos amigos de dinahosting.