skip to Main Content
Presentación Do Panel De Marketing Galicia 2023

Presentación do VI Panel de Marketing_Galicia

Onte presentamos o VI Panel de Directivos de Marketing de Galicia, estudo que promovemos desde hai 8 anos, e no que contamos con iuni strategic marketers para a sua execución e con Avante para o seu patrocinio.

Facémolo para tomarlle o pulso ao sector, para entender qué é o que pasa na nosa profesión. Nesta ocasión fixémolo no marabilloso entorno da casa da nosa socia Sonia Atanes, directora de marketing de Pepe Vieira.

Despois da presentación de Juan Carlos Silva, o noso responsable da área de eventos propios, foi o turno de Beatriz Pereira, CEO e responsable da área de investigación de mercados de iuni, quen veu de destacar varios aspectos do estudo, incluindo a metodoloxía empregada, a composición do panel de directores de marketing e, por suposto, os resultados. As súas explicacións, apoiadas polos argumentos convincentes de Alfonso Boullosa, Delegado Noroeste de Avante, ofrecéronnos unha boa radiografía do sector.

Se queredes saber mais dos resultados do panel, dinme que a principios da semana que ven, tanto iuni coma Avante publicaránnos nos seus perfís sociais. Estade atentos!

Logo veu o turno de Sonia, quen nos explicou cousiñas interesantes de Pepe Vieira que a lo menos algún de nós, non coñecíamos, coma que o nome do restaurante ven do abó do chef e non de él mesmo como pensabamos, que son “a derradeira cociña do mundo”, e como este concepto abrangue todo o proxecto que hai uns meses completouse cun hotel á beira do restaurante, e que ten outras patas coma Ultramar en Pontevedra ou Pazo da Buzaca en Moraña.

Visitamos o restaurante, a cociña, o laboratorio, a adega, o hotel…

E terminamos esta experiencia inesquecible na horta da que se abastecen para as suas creacións.

Grazas Sonia por acollernos tan amablemente e grazas a iuni polo traballo feito e a exposición amena e Avante polo seu patrocinio sen o cal non sería posible darlle continuidade a este panel. E grazas tamén a todolos medios de comunicación que nos acompañaron no evento.

Deixovos aquí algúns fotiños mais para recoñecernos 😉