Lois Vázquez, coordinador de marketing de Visual Trans falounos sobre como implementar unha estratexia de marketing B2B orientada ás vendas
Publicidade doutra dimensión
Este mércores tivemos o segundo afterwork do ano, a cargo de Xoel Vázquez, CEO de Xoia sobre realidade virtual, aumentada e mixta aplicada ao noso sector, o marketing. O evento estivo presentado e conducido polo noso socio, Jorge Casals, CMO de Filkers. Neste evento estreamos a plataforma interactiva Vidiv, e non podemos estar máis contentos de que nola presten para os nosos afterworks.
Xoel comezou presentando a Xoia, e explicando que teñen clientes de todo tipo, dende a administración pública ata empresas privadas, con diferentes necesidades.
Usos da realidade aumentada
A realidade aumentada baséase na visión por computador, e existen diferentes tipos, como a baseada en obxectos 3D complexos, que aportan unha visión inmersiva moi potente. Por exemplo, en vez de amosar unha foto ou un vídeo, coa realidade aumentada pódese ver un obxecto en gran precisión e aportar información para presentar calquera produto a calquera cliente.
Emilia Pardo Bazán ou María Pita, grazas á realidade aumentada, contan a súa historia e como viviron na cidade da Coruña. Isto permite comunicar dunha forma moito máis próxima e divertida.
Plataformas
- Aplicaciones móbiles e WebAR (a través dun navegador).
- Dispositivos, hololens 2, RayBan de realidade aumentada.
- Handtracking, recoñecer as mans para empregalas como un dispositivo máis para pasar diapositivas en vez de empregar o típico rato.
- Lidar é un escáner incorporado nos iPhone para ser capaces de clonar obxectos 3D de forma sinxela, para a xeración e divulgación do propio contido. Tamén permite recoñecer e escanear o meu entorno, o meu salón, por exemplo.
Xoel vaticinou que a realidade aumentada é o noso futuro inmediato. Ao igual que agora non podemos vivir sen WhatsApp, en poucos anos non poderemos vivir sen ela.
Xoel Vázquez
Usos no marketing e na comunicación
Xoel relatou usos moi extendidos da realidade aumentada para o marketing e a comunicación:
- Catálogos en realidade aumentada, que permiten comunicar, ilustrar dunha forma moi pedagóxica un produto ou concepto e velo en tamaño máis grande
- Slam permite emprazar produto grande, complexo, a tamaño real. Por exemplo, un tractor ou un guindastre. Permíteme meterme dentro do propio tractor e diseccionalo por partes. Á hora de vender ese produto, esta tecnoloxía crea ese efecto Wow
- Dixitalización de produtos conxelados e empratados, para ver como locen servidos
- O facetracking, para poder probarnos unhas gafas, unha gorra, unhas zapatillas… Isto é moi útil para os ecommerce e rebaixar as devolucións.
Burger King converteu todos os elementos publicitarios da competencia, como os de McDonalds, queimaban o seu anuncio e transformábano nun bono desconto para consumir no seu restaurante.
- Escaparates ou murais que se transforman e animan para comunicar.
- Transformar unha tenda nun escaparate 3D e interactivo que aporte máis información ao consumidor.
- Platós virtuais onde se despregan diferentes tipos de contido interactivo e animado.
- Experiencias colaborativas online para sincronizar diversos usuarios. Así pódese non só interactuar coa realidade aumentada de forma individual, senón con outras persoas cunhas oculus.
- Presentación de eventos e produtos, visualizar o sistema de cargado eléctrico, aerodinámica, empregando unha tablet.
Moitas grazas Xoel por esta charla e agracementos aos organizadores, o Cluster da Comunicación e colaboradores, Dircom Galicia, Círculo de Empresarios, Creatividade Galega e Vidiv.