skip to Main Content
Foto Isaac Gonzalez Reizentolo Escalada

Free Reizentolo, ou como transformar un problema nunha oportunidade de marketing

O pasado 23 de marzo, tivemos un novo encontro dos afterworks de Markea e do Cluster da Comunicación. Desta volta, Isaac González, director de marketing de Reizentolo, explicou con moita retranca de como converteron un hackeo en Instagram nunha gran oportunidade, empregando altas doses de humor e retranca no programa de Susana Griso, emitido en Antena 3.

Para comezar, unha marca antes unha situación de crise debe protexer aos seus siareiros, aos seus fans. Querían evitar, a toda costa, que puideran ser enganados por mensaxes que, simulando ser nosas, os levaran polo mal camiño.

En segundo lugar, unha marca que sofre un hackeo debe espertar aos siareiros durmintes, eses que non interactúan nin á de tres. A intervención do “jaquer” fixo que dos 13.000 siareiros da conta, moi poucos fosen de calidade. Moi poucos interactuaban coa marca e as súas publicacións.

E despois diso, debe repoñerse, gañando en notoriedade de marca e novos seguidores.

Como se consegue saír dunha crise de comunicación e marketing?

Isaac deu conta dunha serie de consellos para abordar calquera crise de comunicación ou marketing:

  • Para comezar, mudar o contrasinal da rede social
  • É crucial que a empresa responda de xeito inmediato ante unha crise de comunicación para evitar que a situación empeore. A rapidez na resposta é esencial para controlar a situación
  • É importante ser transparente e honesto na comunicación sobre a crise. A falta de información ou a ocultación de datos poden empeorar a situación
  • Se a empresa é responsable da crise, é importante aceptar a responsabilidade e pedir desculpas. Isto axudará a manter a confianza do público.

E como o fixo Reizentolo?

  1. Comunicaron ben alto que a súa conta fora roubada. Utilizaron as outras redes sociais de ReiZentolo para avisar a todos e todas de que a conta de Instagram, xa non era unha fonte fiable de información. Crearon un hashtag para iso #Freereizentolo
  2. A empresa asignou un portavoz con capacidade de falar de xeito claro e efectivo sobre a situación. Este portavoz debe ser capaz de manexar preguntas difíciles e transmitir confianza aos medios de comunicación e ao público
  3. Proactividade.  A empresa debe anticiparse ás posibles reaccións do público e ter un plan de acción en caso de que se produzan. Isto axudará a minimizar o impacto da crise
  4. É importante escoitar o que o público e os medios de comunicación están dicindo sobre a crise e responder de xeito adecuado e efectivo. Isto axudará a manter a confianza do público
  5. A empresa debe traballar en equipo para manellar a crise de xeito efectivo. É importante que todos os departamentos traballen xuntos para solucionar a situación
  6. É importante manter a calma durante a crise. A empresa debe ser capaz de manellar a situación de xeito profesional e efectivo
  7. A empresa debe planificar unha estratexia a longo prazo para manellar a situación de xeito efectivo. Isto axudará á empresa a recuperar a confianza do público e minimizar o impacto da crise
  8. Despois de manellar a crise, é importante ca empresa aprenda da experiencia. Isto axudará á empresa a mellorar súas políticas e procedementos para prevenir futuras crises de comunicación

Resultados de todo isto

E fixeron tanto ruido, que medios de aquí e de acolá, cubriron a información. Non serviu unicamente para informar do roubo, tamén para colocar a ciberdelincuencia no debate público. E as medidas de seguridade nas empresas. Sendo a marca Reizentolo un elemento central da comunicación nesas semanas.

A comunidade, en apenas 2 días, alcanzou os 1.300 siareiros. Hoxe máis de 4600 e máis de 7000 en twitter. Todos de calidade, cunha percepción de marca clara e implicados coa mesma.

Graciñas Isaac por esta charla tan interesante!