Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Retos e oportunidades das empresas para sacarlle partido ao data driven
Con Alberto Tucci, Head of Media & Digital Acceleration e Marga Figueiral, Brand Connections Manager da cerveceira Heineken, descubrimos como a empresa usa os datos para comunicarse e coñecer mellor aos seus consumidores.
Todo xira ao redor do consumidor, quen é quen decide se un produto ou unha campaña lle gusta ou non, e quen impón tendencias e cambios.
Coñecedores do poder do dixital e do cambio de hábitos que provocaron un incremento de uso nos smartphones, dende Heineken decidiron apostar e reaxustar os orzamentos cara o móbil. Pero a aposta polo mobile non só implica un cambio na pantalla de visualización, senón toda unha estratexia en canto a formato e contido.
Neste novo escenario captar a atención do cliente que recibe milleiros de estímulos é esencial, e só temos uns segundos para impactar. Temos que seguir estes pasos:
- Captar a atención dende o inicio. Só temos 3 segundos para captar a atención do usuario.
- Ter moi claro o obxectivo do anuncio e que pretendemos conseguir.
- Resaltar o importante e que isto vaia de primeiro.
- Deixar sinais, facernos recoñecibles (cores, tipografías), traballando e activando a iconocidade das marcas.
- Pensar o anuncio sen son fomentando a súa simplicidade.
- Manter o interese durante toda a peza.
- Sempre adaptado a mobile. Mobile first.
Data driven en Heineken
A construción de campañas efectivas de alto impacto é posible grazas ao data driven, permitíndolles definir perfectamente as diferentes tipoloxías de clientes e facer campañas e mensaxes adaptadas aos gustos e necesidades de cada buyer persoa.
Os datos permiten un mellor coñecemento do consumidor e as súas preferencias, pero hai que ter en conta que a construción de mensaxes que funcionen baséase no ensaio-erro, en aprender, desaprender, compartir e poñer en práctica.
O difícil é ter o mesmo paso que o consumidor. El é o máis rápido de todos
Alberto Tucci
Graciñas por esta estupenda charla, Alberto, Marga e por formar parte desta segunda edición de Flúor. Vémonos pronto!
E un gran aplauso aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.