skip to Main Content
Markea Cuestionas Xose Teiga Valla

Se elixes ben, cuestionas: nova campaña publicitaria de Markea

Como cada dous anos, xa temos aquí a nosa campaña que vai facer que as empresas galegas definitivamente denlle o valor que merece ao marketing. Porque se elixes ben, cuestionas!

A xente cre que o márketing e a publicidade chegan para invadir as súas vidas, para facerlles consumir máis ou para xerarlles impulsos de compra. O obxectivo desta campaña, firmada por Xose Teiga Studio, é transmitir os aspectos positivos do marketing.

O concepto sobre o que traballaron foi o de “cuestionar, axúdache a elexir ben”

O marketing fai que os cidadáns elixan ben, que coñezan un produto ou servizo, que tomen decisións importantes, que consuman produtos sostibles, que cuestionen a un partido político e sobre todo dálles poder para elixir mellor antes de comprar.

Nela aparecen representadas conceptualmente as decisións de compra, de elección ou de cuestión que afectarán o futuro do planeta. Elixir vidro fronte a plástico supón unha decisión sostible, elixir un coche ou outro afecta ao medioambiente ou elixir un produto feito aquí ou chinés afecta á economía.

Por iso, esta campaña leva o claim: Se elixes ben, cuestionas.

Una vez mais, confiamos no noso partner Avante Medios para xestionar a planificación desta terceira campaña corporativa; que inclúe toda a prensa xeralista galega, e o soporte de Unidad Editorial a nivel nacional. Ademais do papel, refórzase cos correspondentes banners dixitais nas mesmas cabeceiras. Tamén as principais radios da nosa comunidade empezaron xa a emitir as correspondentes cuñas, desde SERCope y Onda Cero ata Radio Galega y Radio Voz. A nivel exterior, mupis, vallas e autobuses cubren as grandes urbes galegas.