skip to Main Content

Markea presenta o 7º Panel de Direccións de Marketing de Galicia 

O pasado venres Markea reuniu na Casa Grande de Xanceda a profesionais do marketing de toda Galicia para presentar as conclusións do seu 7º Panel Marketing Galicia 2025, realizado por iuni Strategic Marketers e apoiado por Avante, e clausurar a xornada cun percorrido polo espazo protexido e unha degustación de produtos ecolóxicos.

Algunhas das principais conclusións do Panel presentado por Beatriz Pereira CEO e Directora do área de Investigación de Mercados de iuni e Alfonso Boullosa, Delegado Noroeste de Avante, foron estas:

  • Percepción económica á alza: A confianza na situación económica, tanto en España como en Galicia, mellorou, achegando maior estabilidade ás decisións de investimento en marketing.
  • IA no centro da estratexia: Un 38 % das empresas galegas xa empregan intelixencia artificial para a xeración automática de textos, e un 25 % úsaa para análise de datos, o que está a optimizar a toma de decisións en tempo real.
  • Orzamentos en positivo: O 35 % das compañías incrementou o seu orzamento de marketing durante o último ano, mentres que o 42 % o mantivo estable, reflexo dunha aposta equilibrada entre crecemento e prudencia.

Experiencia na Casa Grande de Xanceda

Tras a presentación, os asistentes realizaron un percorrido guiado pola finca, onde coñeceron as súas prácticas de agroecoloxía e benestar animal. Durante a visita púdose disfrutar dunha cata de produtos ecolóxicos locais – queixos artesáns, kéfir, marmelada, kombucha e ate vermú ecolóxico –, que proporcionou un espazo de networking nun entorno natural, reforzando os valores de sustentabilidade e proximidade que tamén defende Markea.


Podes descargar o informe cos resultados do Panel no seguinte enlace

E aquí che deixamos unha galería con fotografías