skip to Main Content
D9bpiozwwaafuld

Social media in-volución. Imos cara unhas redes sociais sen marcas?

Cres que as redes sociais están a perder o terreo no que antes reinaban? O consultor Javier Regueira explicou nunha moi interesante ponencia durante o Flúor que as marcas falan moito, pero os contidos que xeran non interesan ao seu público. E o máis importante, as marcas non son quen de xerar conversas co seu público.

Apocalipse, pasotismo ou contido interesante?

Hai pouco máis de cinco meses, unha das principais marcas de cosmética natural, Lush, decidiu abandonar as redes sociais. As razóns esgrimidas son claras: o incremento do custe necesario para alcanzar ás audiencias de hai anos. Outras marcas recoñecidas como Playboy, Bacardi, Campari ou Tesla deixaron de actualizar os seus perfís en Estados Unidos.

Unha das razóns deste abandono pode ser debido ao cambio do algoritmo de Facebook e a perda de visibilidade nos muros dos seus seguidores.

E ti que opinas? Armaggedon, conservadurismo e que nada cambie ou comunicación bidireccional entre usuarios e marcas?

Imaxe da presentación de Javier Regueira

Escenario de cambio

O futuro da comunicación das marcas pasa por crear contido relevante e de tal valor que o usuario non quererá vivir sen el.

O cambio é palpable, e só depende de ti sacarlle todo o partido ás redes sociais cun contido de calidade.