Hai uns días un grupo de persoas privilexiadas de Markea tivemos a oportunidade de coñecer en exclusiva a destilería de Pepe Albela, en Vedra
Todo o que fixemos en Markea durante 2021
Estamos rematando o ano, polo que este é o mellor momento para repasar o que fixemos en Markea durante 2021.
Este ano foi o noso noveno aniversario e é importante lembrar os obxectivos da fundación da asociación.
Markea naceu en 2012 co obxectivo de fomentar e dar a coñecer a cultura do marketing entre os profesionais, as empresas e as institucións de Galicia. Tamén para facilitar o intercambio de experiencias entre os seus membros e diferentes interlocutores. E a última das nosas metas é servir como un punto de encontro que facilite o networking e a comunicación entre os seus membros.
Para cumprir este compromiso, e malia a COVID, este ano fixemos:
Reunións con grandes profesionais
Tivemos un encontro online con Daniel Lorenzo, CMO de nhood para coñecer o proxecto de Vialia, en Vigo. En marzo reunímonos con José Luis Inogés, CMO de Navantia e en setembro, visitamos as bodegas Martin Codax. Alí Carlos Sá, presidente de APPM, a Asociación Portuguesa de Marketing, contounos como traballan no país veciño e asinamos unha colaboración coa Asociación Portuguesa.
Visitas a empresas
Visitamos Vialia, en Vigo, poucos meses antes de inaugurarse e tamén estivemos en setembro nas Bodegas Martin Códax, onde puidemos disfrutar dun paseo en catamarán.
Afterworks na casa
Como consecuencia da Covid, trasladamos os nosos afterworks mensuais ao formato online. Estivemos con:
- Diego Vidal, coñecendo como os esports poden axudarnos á nosa estratexia de marketing.
- Con Cristina Vicedo e Daniel Bembibre, reflexionando sobre o papel das marcas como motor de cambio das empresas.
- Jorge Álvarez-Naveiro, que analizou a evolución da marca Antolín no seu proceso de transformación.
- Con Roberto Hernández falamos de como o deseño 3D se pode aplicar á nosa estratexia de marketing e publicidade.
- Jaime Casals, de Filkers, deu boa conta de como crear de forma sinxela contido dixital para ecommerce grazas á súa plataforma.
- Alfonso Boullosa explicounos como medir a presión publicitaria das nosas campañas.
- Daniel Rodríguez charlou acerca da importancia de establecer estratexias de marketing sostibles.
- Alberto Cochón relatou como as metodoloxías áxiles poden axudar á produtividade dos nosos departamentos de marketing.
- José Luis Inogés explicou como facer marketing nunha industria que non realiza marketing de forma tradicional.
Formación e charlas
Cos alumnos do Master de Comunicación de medios sociais da UVigo falamos sobre como preparar unha entrevista de traballo. Cos empresarios de Ferrolterra traballamos en que as vendas son unha consecuencia do bo marketing.
Estivemos ademais cos estudantes de Comercio e Marketing do EFA Piñeiral en Arzúa inaugurando o curso académico. Tamén formamos parte do programa de conferencias do evento LGX15 sobre o marketing e o galego como elemento diferenciador. E rematamos participando no Congreso de Comercio galego.
A entrevista de Markea, en Extradixital
Colaboramos con Extradixital ofrecendo de forma mensual unha entrevista. Entrevistamos:
- María Herrero
- Sebastián Troyas
- Alberto Cochón
- Melisa Pagliaro
- Adrián Salgado
- Rosario Carballo
- Fumie Kitahori
- Rafa Marzán
- Eva Mínguez
- Brandán Gómez
Colaboracións en eventos
Comezamos o 2021 celebrando os Premios Paraugas do 2020, retrasados por culpa da Pandemia de forma online.
Continuamos apoiando os Beerfing durante marzo, con relatores do talle de Jorge Pallarés, Beatriz Pereira, Isaac González e Mónica Moro.
En outubro estivemos no Congreso Flúor, en Pontevedra, unha edición con máis de 1500 asistentes que se puido facer en presencial e plagada de excelentes contidos.
E rematamos o ano cos Premios Paraugas do 2021, onde festexamos o noso bo facer no eido da comunicación, marketing, publicidade, eventos ou impresión.
5º Panel de marketing de Galicia
En maio presentamos en Quatrium o 5º Panel de marketing de Galicia, realizado por IUNI, Avante Evolumedia e presentados na casa da nosa socia, Ana Maceira, do Grupo Quatrium.
Novo deseño na nosa web
Grazas ao deseño de ICON e co patrocinio de dinahosting démoslle unha transformación á nosa web, para adaptala aos novos tempos, dotala de máis contido e que sexa un lugar de participación cos nosos socios.
Cambio na xunta directiva
E para terminar o ano, celebramos a nosa asamblea anual. A primeira xunta directiva con Xosé Luis ao frente, tras 9 produtivos anos nos que se puxo en valor o talento marketeiro galego, deixaba paso a unha nova equipa liderada por José Cabanas, con Lucía González Martínez na Vicepresidencia e Yago Díaz na Secretaría, apoiados por Loly Martínez Cortizas, Javier FERNANDEZ FERNANDEZ, Juan Carlos Silva Alonso e Jorge Pallarés Bartolomé.
Grazas por seguirnos no blog e nas redes e gozade destas datas. Longa vida ao marketing!