skip to Main Content
Iv Premios Paraugas 1024x478

Moito talento nos IV Premios Paraugas

Xa coñecemos aos gañadores dos IV Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia 2019. Durante a gala de entrega de premios celebrada o pasado venres en Expourense, o Cluster da Comunicación desvelounos os proxectos merecedores do recoñecemento de todo o sector galego nesta cuarta edición.

Os protagonistas da noite -ademais por suposto dos catro homenaxeados Silvia Jato, Cruz Novillo e Alejandro Rubín, así como Luis Carballo de forma póstuma-, foron Tony Le Brand e Hijos de Rivera, quen subiron ao escenario ata tres veces para recoller os seus galardóns. Os equipos de Molinelli e Cabanas, demostrando unha sintonía admirable entre anunciante e axencia, fixéronse coas ansiadas ilustracións nas categorías de creatividade e deseño por “Resistencia desde 1906” e “Fábrica de cervezas sabor Percebes” 2ª edición.

A cerimonia foi inaugurada por Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, quen insistiu en repetidas ocasións en que “O futuro de Galicia escríbese en femenino.

Tamén sobresaiu durante a gala a campaña do Grupo Nueva Pescanova protagonizada por Vicente del Bosque “Elige Bigote” que, malia a non ter a sinatura dunha axencia galega, fíxose con dous dos premios da categoría de marketing patrocinada por Avante. De entre as máis de 250 candidaturas presentadas e os 50 proxectos seleccionados na LISTA CURTA, así queda el pódio de gañadores dos IV Premios Paraugas:

Categoría Marketing (Premios Avante)

  • Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Branding: Elige Bigote. Grupo Nueva Pescanova
  • Premio Paraugas á Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente: Elige Bigote. Grupo Nueva Pescanova
  • Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto: La hucha inteligente de EVO. EVO Banco-Coinscrap

Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)

  • Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa: Kómoda, la vida sin energía. Torres y Carrera, Consultores de Comunicación
  • Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna: Amigo invisible (postales). ABANCA
  • Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial: Fundación Knowcosters. BAPCONDE

Categoría Marketing Dixital (Premios .gal)

  • Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital: Somos Semente. Roi Scroll
  • Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital: Estratexia de venda end-to-end para Microsoft. BySidecar
  • Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media: #instaGal. Corporación Radio e Televisión de Galicia

Categoría Creatividade (Premios BySidecar)

  • Premio Paraugas á Mellor Creatividade Gráfica: Resistencia desde 1906 – 0,0. Tony Le Brand
  • Premio Paraugas á Mellor Creatividade Audiovisual: Fábrica de cervezas – Percebes – Segunda Ed. Tony Le Brand
  • Premio Paraugas á Mellor Creatividade no uso dos Medios: DESERTO

Categoría Deseño (Premios GAIN)

  • Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico: Perfeccionista/Bodega Davide (packaging). Roberto Núñez
  • Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial: Totana. Isaac Piñeiro Design Studio
  • Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital: Resistencia desde 1906. Tony Le Brand

Categoría Impresión (Premios HP Indigo)

  • Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con Tecnoloxía Índigo: Libro 40 Aniversario de Agafac. Atelier Gráfica Visual

Categoría Edición

  • Premio Paraugas ao Mellor Libro: Mulleres do silencio. Deputación Provincial de Pontevedra
  • Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario: Catálogo comercial Vital Bath. Tórculo Comunicación Gráfica

Silvia Jato, Cruz Novillo, Alejandro Rubín e Luis Carballo, as personalidades homenaxeadas

Unha emocionada Silvia Jato recibiu o primeiro galardón da noite. Carla Reyes Uschinsky entregoulle o premio Executivas de Galicia -respaldada pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director da Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga- por ser unha referente no sector da comunicación, comprometida con causas humanitarias, e, por suposto, coa igualdade de oportunidades para homes e mulleres.

David Silvosa, socio de Costa Comunicación e membro da xunta directiva do Cluster, encargouse da homenaxe a Cruz Novillo e entregou o premio ao seu fillo, Pepe Cruz. Como dixo, posiblemente sexa un home que necesita presentación, pero quen non a necesita é o seu traballo porque no hai persoa que viva en España que non o conoza. E é que detrás de todas estas empresas, institucións, servizos, corporacións, billetes… marcas, en definitiva, hai unha identidade e Cruz Novillo é o responsable de creala, definila, pautala e debuxala.

Expourense foi o escenario escollido para celebrar la gala dos Premios Paraugas e o Foro da Comunicación de Galicia desde os seus comezos. E, se falamos desta casa, temos que falar obligatoriamente de Alejandro Rubín Carballo, a quen o Cluster quixo render homenaxe a través de Amalia Baltar. A presidenta de Dircom Galicia entregou o premio a un impresionado Rubín que llo agradeceu á súa familia e ás súas dúas predecesoras “Por manter o listón tan alto” .

Por último, cerrou a gala a homenaxe póstuma ao publicitario Luis Carballo, falecido o pasado febreiro aos 80 anos de idadeJaime Conde, presidente de Creatividade Galega e socio de Quattro idcp, fixo entrega do galardón aos seus dous fillos e asinou unha conmovedora intervención na que destacou todas as cualidades e recordou algúns dos grandes traballos deste histórico compañeiro.


Citando a Xose Luis Reza: “Estes premios teñen un único fin: recoñecer os vosos traballos e berrarlle ao mundo que en Galicia chove talento.”  E desde aquí queremos sumarnos e transmitir a nosa máis sincera noraboa a tod@s @s gañadores e finalistas, así como a toda a organización polo gran traballo realizado.

Moita chuvia de talento nunha cerimonia que xoga en primeira división. Le Suite Band foi un dos grandes acertos da noite que amenizaron unha divertida e emotiva xornada. A gran festa do sector ascendeu ao seguinte nivel.


Fonte: @extradixital