skip to Main Content
Foro Markea 1 800x480 1

V Foro de Marketing e Vendas

Este martes 22 de febreiro celebramos o V Foro de Marketing e Vendas, co-organizado por Markea con APD, onde nos reunimos case un centenar de profesionais. Canto botabamos de menos os eventos presenciais!

O evento foi presentado polo Presidente de Markea, José Cabanas, e por Ana Sánchez, Directora de APD Noroeste.

Tendencia 1. Data Marketing

Beatriz Pereira, CEO de Iuni Strategic Marketers, e Sandra Rodríguez, Sales & Marketing Manager de Qbitia, abriron a xornada falando da importancia dos datos nas estratexias de marketing. Beatriz relatou algúns casos de éxito de marcas que representan e Sandra falou de como abordan esta tendencia na súa empresa de fintech.

Tendencia 2. Marketing e tecnoloxía

A segunda conversa foi a cargo de Lucía González, Vicepresidenta de Markea e Responsable de Marketing e Comunicación de dinahosting, e Cristina Franco, Directora de Marketing de Orienteed. Dialogaron sobre cookies de terceiros, intelixencia artificial e chat marketing, onde está medrando a presenza dos chatbots e ferramentas automatizadas.

V Foro marketing e vendas

Tendencia 3. A imaxe corporativa e as marcas

Andrés Gómez, Director do departamento de marcas de Herrero y Asociados, explicounos con exemplos os diferentes tipos de marcas que existen e como protexer este intanxible.

Tendencia 4. As vendas B2B e B2C

Tralo descanso do café, tivemos dúas mesas de diálogo sobre as vendas B2B e B2C. A primeira mesa foi conducida polo Secretario de Markea e Director de Marketing de Delikia, Yago Díaz. Acompañárono David Oreiro, de Situm, Beatriz Díaz, de Zendal e Andrés Rodríguez, de Marine Instruments. Quixeron amosar outras formas de vender os seus produtos e servizos máis alá do ecommerce.

Pola parte B2C, Alberto Cochón, CEO de Carrick foi o moderador da mesa, onde participaron Sebastián Troyas, de Krack e Julián Hernández, de Vegalsa. Os tres trataron os cambios nas vendas que xurdiron trala crise da Covid e o importante papel dos ecommerce nas súas estratexias.

Moitas grazas a tod@s por sumarvos a esta festa do marketing. Vémonos na próxima!