Queremos repasar as entrevistas feita por Rúbrica Dixital aos nosos socios e socias durante o ano 2024. Aquí van as entrevistas
Visita a Inditex
O venres 27 de outubro tivemos a sorte de percorrer as instalacións desta gran empresa galega: Inditex. Camiñamos algo mais de 3 kilómetros!!
Serenidad
O primeiro que nos chamou a atención foi o silencio. Sí, a calma, tranquilidade e paz que se respiraba en todas as oficinas. ¿Volo esperábades? Seguro que non.
Como nos contou Raul Estradera, o seu director de comunicación, esa tranquilidade e silencio non significa que non haxa que cumprir uns obxectivos, que non haxa presa por facer as cousas, é só que todo o mundo sabe o que ten que facer, o teñen interiorizado.
Outra das cousas que nos chamou a atención foi o contraste. Espacios diáfanos, minimalistas, tecnolóxicamente moi avanzados, rodeados do campo.
Cosmopolita
Outro dato relevante e que impresiona e o de que en Arteixo traballan uns 5.000 empregados, de 40 nacionalidades distintas.
Tivemos a oportunidade de ver o ximnasio, aínda que estaba baleiro pola hora. Ao seu carón teñen un set da colección Zara Athleticz no que os empregados poden comprar.
Tamén asomámonos o comedor, onde Cristina, a nosa guía, explicounos o seu funcionamento e a existencia dun laboratorio de innovación no que traballan cada unha das familias de alimentos para ver de proveerse de produtos da zoa, de km cero e de gran calidade, para ofrecer o mellor e o mais axeitado á variedade de empregados que teñen.
Saúde e benestar poden ser os dous adxectivos que definen a política da empresa cara aos empregados, baixo o noso punto de vista.
Tivemos a oportunidade ademais de ver traballar ás patronistas e coñecer o proceso polo que pasa un deseño ata que chega á tenda.
Os sets de fotografía foron unha das cousas mais chamativas tamén. Sets mais grandes para traballar con modelos e sets mais pequenos para fotografar as prendas soas. Moi interesante.
Tecnolóxica
Durante todo o percorrido fomos quen de ver coma a tecnoloxía está integrada na empresa, e non me refiro só aos equipos que utilizan os empregados no seu día a día, senon tamén aos “robots” que fan traballos de apoio, coma levar estanterías ata o seu sitio, recoller as devolución de pedidos e levalas ao almacén, etc.
Para terminar o percorrido visitamos a “avenida” onde se ubican as tendas piloto das distintas marcas: Zara woman, Zara man e Zara Home, coas coleccións que estarán nas tendas esta semana.
Tivemos ocasión de ver un escaparate wow, que só implementan en unha ou duas tendas do mundo, onde haxa algún hito o evento especial.
Durante todo o percorrido puidemos facer preguntas a Cris. Os seus 26 anos na empresa deron para moito. Non quedou nin unha pregunta sin contestar. Fantástica, Cris!!
Fai 48 anos que chegan prendas novas ás tendas duas veces por semana. E isto é a esencia do modelo de negocio desde os seus inicios.
Raúl Estradera, Director de Comunicación
Moitas grazas a Inditex pola visita tan chula, pola oportunidade de preguntar e ser respondidos e polo tempo adicado. Grazas Cris, grazas Raúl.
E grazas a todos os que estivestes porque coas vosas participacións aprendimos moito.