skip to Main Content

Primeira visita do ano: fomos ver o Celta de Vigo

Comezamos o ano da mellor forma, que é xuntándonos todas as persoas asociadas a Markea nunha visita a unha empresa. Neste caso, grazas a Maruxa, directora de Marketing do Celta de Vigo, puidemos coñecer a casa celeste e ver un partido en directo que enfrontaba ao equipo local coa Real Sociedad.

Na pel do ídolo

Nada máis iniciar a visita tivemos a oportunidade de acceder ao vestiario do equipo, para entender como, desde o primeiro minuto, todo está concebido para transmitir emocións, valores, sentimento. Máis que acceder a un vestiario, entramos nun universo, o da Afouteza, palabra popularizada por unha das campañas de publicidade do Celta de Vigo, e case “grito de guerra” que acompaña ao club desde que en 2017 foi elixida como Palabra do Ano.

Según a RAG Afouteza é “a disposición de quen actúa sen temor ás dificultades ou perigos” ou ben “a seguridade que unha persoa demostra en si mesma”. “Afouteza” saltou do campo de fútbol á rúa, da rúa aos medios e tamén introduciuse en textos de diferente tipo, espertando a curiosidade de quen non a coñecían e pasaron a incorporala ao seu tesouro léxico persoal, asegura a RAG (La Vanguardia, 28/12/2017).

E aí está a camiseta de Iago Aspas, máis que un futbolista, o portador dos valores dunha
marca querida e recoñecida en Galicia (no norte, querida en silencio) e en moitas partes do mundo.

Una emoción, infinitas posibilidades de marketing

A visita prosegue a pé de campo, onde descubrimos as diferentes formas que unha marca pode poñerse en valor desde as numerosas ferramentas de comunicación do club.
“Os patrocinadores teñen un traxe a medida aliñado cos seus obxetivos de marketing.
Podemos axudar a impulsar a notoriedade de marca, impulsar campañas concretas de venda de produto, poñer entradas a disposición dos clientes dunha marca, ou incluir unha oferta especial dun patrocinador na nosa lista de distribución de email, por exemplo” –comentan desde o club-.

Outro exemplo da dimensión en canto á capacidade de comunicación e marketing, desde o campo emítense ata seis sinais diferentes de vídeo. A publicidade a pé de campo está personalizada segundo mercados mundiais, así como as alfombras de publicidade xunto ás portarías.

Así, mentras se desenvolve o partido, nos resumos, vídeos, etc. un espectador en Medio
Oriente e un espectador en España, están vendo simultaneamente a mesma xogada pero con distinta publicidade. Se unha marca ten un obxectivo específico nun determinado mercado, pode aproveitar esta oportunidade para gañar notoriedade sen necesidade dunha inversión “global”.

Butacas a pé de campo, catering en zona VIP, acceso ao campo nos fondos durante o
quecemento, sala VIP sobre o corredor de entrada de xogadores ao campo, palcos… todo está pensado para ofrecer posibilidades a patrocinadores de vivir moito máis que un partido de fútbol, unha experiencia memorable.

O ano do Centenario

A visita de Markea ao Celta de Vigo coincide na temporada que celebra o Centenario do
Club
e tamén pouco tempo despois do relevo na presidencia do RC Celta, que por primeira vez asume unha muller, Marián Mouriño, que xa comezou a imprimir un estilo propio e renovado na xestión. O Centenario supuxo tamén outro gran logro desde o punto de vista da Comunicación e Marketing: a espectacular presentación dun himno, o do centenario, celebrado a escala mundial, creado por C. Tangana. A “Oliveira dos Cen Anos” acumula xa máis de 3 millóns de visualizacións en Youtube.

Os socios de Markea participantes nesta visita puideron comprender o que supuxo este
himno, adoptado de inmediato pola afección celeste, cando no momento de saltar o
equipo ao campo, o estadio enteiro, 20.000 almas, cántano a voz en grito.

Se o labor dos marketeiros é transformar marcas en emocións para conectar co
público, non podemos senón felicitar ao equipo de marketing do Celta de Vigo polo seu traballo e os seus logros. Noraboa Maruxa e compañía, un equipo Champions.