Visitamos as instalacións da empresa porriñesa ZENDAL, líderes na investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de vacinas.
Visita de Markea ás bodegas Martin Códax
O pasado venres 23 de setembro inauguramos un novo curso ante os nosos asociados nas bodegas cambadesas Martín Códax. Temos que agradecer a Jorge Pallarés por ser o mellor anfitrión posible da visita.
As socias e socios de Markea puideron disfrutar dunha masterclass sobre a creación dunha comunidade de marca a cargo de Emilio Froján, emprendedor caldense e fundador da startup de motos eléctricas Velca. O marketing foi a pedra angular da estratexia de crecemento e expansión da compañía galega, que en pouco máis de dous anos xerou unha comunidade con cerca de 60.000 seguidores en Instagram. Emilio Froján detallou que nunhas semanas Velca representará a España no Startup World Cup 2022, que se celebrará en San Francisco e onde se enfrentará a máis de 50 contrincantes. O premio será converterse na mellor startup mundial.
Xusto despois da masterclass puidemos desfrutar dun paseo en catamarán polas Rías Baixas, amenizado con música en directo.
Estamos preparando múltiples actividades para este novo ano, no que celebramos o noso décimo aniversario, así que queda pendente do correo. Graciñas por asistir!