Como cada ano preto do Nadal, o conxunto das persoas asociadas a Markea reúnese para…

Visita de Markea a Mariscos Alumar
As persoas socias de Markea tivemos a oportunidade de visitar as instalacións de Mariscos Alumar, en Barro, Pontevedra, e coñecer ben de preto o proceso de produción e elaboración do mexillón.
Visitamos as diferentes zonas de tratamento do mexillón, para obter un produto refrixerado ou conxelado e directo das rías galegas. Agora mesmo teñen 9 referencias de produto, pero segundo Jose Luis, director da empresa e socio de Markea, están barallando ampliar paseniñamente estas referencias a novos formatos de consumo.
Mariscos Alumar naceu no ano 2019 especializada na venda de mexillón de media cuncha conxelado, en salmoira, enteiro, pasteurizado e cocido no seu mollo, pero levan sendo produtores dende 1959. Proveñen da primeira xeración de bateeiros de Galicia. Moitos dos seus procesos son manuais, coidados ao milímetro, para sacarlle máis brillo aínda se cabe a un produto de 10. Comezaron sendo 5 e agora xa son unha empresa de máis de 40 traballadores.
Moitas grazas a Jose Luis e Alba por abrirnos as portas da vosa casa.




