Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
Voltan os afterworks presenciais! 2bedigital en Vigo
As ganas de volver notáronse no afterwork de Markea, o primeiro presencial despois de moito tiempo.
A escusa, fantástica, coñecer de primeira man algunhas das claves coas que traballa 2bedigital, da man do seu CEO, Pablo Borrás.
De entrada a filosofía de empresa de 2bedigital é traballar de forma remota desde a súa creación (“non se pode obrigar ao talento a estar situado fisicamente nun lugar concreto”). De feito Pablo acaba de coñecer (en persoa) a un compañeiro que leva catro anos traballando na empresa que el dirixe. Cantos anos luz de distancia hai entre este pensamento e o da maioría das nosas empresas?
En canto á súa experiencia na xestión da performance dos seus clientes, Pablo deixou unhas cantas ideas inspiradoras. “Olvídate do funnel” é unha grande revelación. Ten razón Pablo, non se poden interpretar as decisións de consumo dunha maneira homoxénea. “Non existe un buyer persoa“, toma xa! Pablo demostrounos que son moitos os nosos buyer persoas, microsegmentos. Chegar aí permítenos “ofrecer ao microsegmento o que quere ver, cando o quere ver e na canle que o quere ver”.
Un luxo escoitar a Pablo, pola súa contundencia, a súa transparencia e a súa asertividade: “unha persoa que che compra unha vez non é un cliente, ten que volver a comprar e gastar máis a próxima vez, a clave é a fidelización”.
En definitiva, un privilexio poder abrir os ollos como pratos da man de Pablo.