WhatsApp Marketing. A ferramenta ideal para comunicar e vender

WhatsApp Marketing. A ferramenta ideal para comunicar e vender

«O crecemento da venta online non resta compradores a tenda física». Así comezaba Alberto Falcón a sua ponencia no Círculo de Empresarios no último afterwork. Con esta afirmación só nos estaba a poñer en disposición de entender que o comercio físico non vai morrer, so terá que facer cousas novas coma usar ferramentas que o leven cara ao éxito. E unha destas ferramentas é WhatsApp Business.

Alberto explicounos qué nos aporta Whatsapp Business fronte WhatsApp?

Por outra banda, mostrounos as vantaxes de usar Whatsapp Business:

– É una aplicación coñecida por todo o mundo (1.500 millóns de usuarios). Os nosos clientes e potenciais xa a terán instalada.

Atención ao cliente de forma instantánea e personalizada.

Cobertura 365/ 7/24.

Coste económico.

Altos valores de conversión. Ao contactar cun usuario ou potencial cliente, xeraremos moita información útil.

Plataforma polivalente: poderemos enviar vídeos, texto, imaxes, notas de audio, links, arquivos…

E para terminar, Alberto desgranounos o procedimento para facerse unha conta de Whatsapp Business e cómo utilizala tanto para comunicar, xa que somos mais de 1500 millóns de usuarios e o facemos cunha frecuencia moi elevada, coma para vender.

«Estamos todos moi enganchados aos móviles. Temos que estar no peto dos clientes».

Alberto Falcón

E amosounos as suas funcionalidades coma dar visibilidade ao perfil de empresa, chatear cos clientes, dispor de mensaxes automatizados de benvida ou de ausencia, creación de etiquetas para clasificaciones propias , estadísticas, multi whatsapp, etc. e ata a última funcionalidade: creación de catálogo de producto.

EPara cerrar, deixovos unha frase de Alberto que resume un pouco o por qué desta charla.

O ‘enemigo’ non é Amazon senon a pasividade; a tua mellor arma é a creatividade

Alberto Falcón

É dicir, facer cousas diferentes para que sucedan cousas diferentes. Ser creativos, neste caso, usando Whatsapp business.

Grazas ao noso patricnador Dinahosting

Roi Scroll

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar