En Markea festexamos os 10 anos de andaina da asociación cun redeseño do noso característico logotipo. Graciñas quattroidcp.

Xa coñecemos os 18 proxectos premiados dos V Premios Paraugas
O pasado venres 12 de febreiro voltamos festexar que en Galicia chove talento a mares no eido da comunicación, marketing, creatividade, eventos, edición, impresión, deseño e marketing dixital. Nestas sete categorías escolléronse un total de 18 proxectos de empresas, institucións e axencias que destacan pola súa orixinalidade, calidade e bo facer.
Nesta V edición dos Premios Paraugas, adiada dende novembro, mudamos a gala presencial celebrada como de costume en Expourense por un evento en streaming en formato televisivo, pilotado por Miraveo. Como presentadores, voltamos contar cos xornalistas Luis Fraga e Belén Xestal, que conduciron unha gala moi emotiva e dinámica. E entre categoría e categoría, a nota musical puxérona os artistas galegos Eladio y los Seres Queridos, Guadi Galego, Pablo Lesuit e Xoel López.
O presidente do Clúster da Comunicación, Xosé Luis Reza, quixo destacar o bo traballo do noso sector, que non parou dende o 13 de marzo de 2020, demostrando a súa profesionalidade e solidariedade malia as circunstancias. Tamén agradeceu o apoio de todos os colaboradores e patrocinadores, que fixeron posible a celebración destes premios, que son os premios de todos.
Coñecemos xa a todos os premiados, nos que destacan as empresas Estrella Galicia, Nueva Pescanova e Bonilla a la vista con varios galardóns:
Gañadores dos V Premios Paraugas 2020
Categoría Marketing (Premios Avante Medios)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia /Acción de ‘Branding’
- Manifiesto (La Resistencia se une a La Resistencia). Estrella Galicia – Hijos de Rivera/Tony Le Brand
Premio Paraugas á Mellor Estratexia /Acción de Produto
- Brocha de afeitar Edición Limitada A Rapa das Bestas. Carlos Conde Peluqueros
Categoría Creatividade (ICON)
Premio Paraugas á Mellor Creatividade Gráfica
- Naipes Agencia Gráfica. Desescribir – Álvaro Valiño – Cibrán Rico – Suso Vázquez
Premio Paraugas á Mellor Creatividade Audiovisual
- Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova
Premio Paraugas á Mellor Execución de Idea
- #DígochoEu. Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa
- Bonilla a la vista-Parásitos. Eme Comunicación-Wise
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna
- El Cluedo. Wired & Linked
Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
- Camino Sostenible. Miramemira
Categoría Marketing Digital (Premios .gal)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Marketing Digital
- Bonilla a la Vista: una transformación digital de cine. Visual Publinet
Premio Paraugas á Mellor Campaña de Produto o Servizo
- Navidad de Bigotes. Nueva Pescanova
Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media
- Husqvarna España – redes sociais. Nasas
Categoría Diseño (Premios GAIN)
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
- Restyling da marca 1906. Cervezas 1906 – Hijos de Rivera

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
- PowerBike P2R. Pablo Iglesias – Lavelle Bikes
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
- Web Arturo Álvarez. Teiga, Studio
Categoría Eventos (Premios TAC)
Premio Paraugas ao Mellor Evento
- ECAI 2020 – Programa social virtual. Trevisani
Categoría Impresión e Edición (Premios HP Indigo)
Categoría Edición:
Premio Paraugas ao Mellor Libro
- O pacto do Letargo. O tríscele roubado. Gráficas Anduriña

Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Publicitario
- Catálogo Iluminación 2020. Tecsoled. Meraki Creatividad
Categoría Impresión:
Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial
- Recetas para conservar otros 150 años (Albo). Wired & Linked