skip to Main Content
Img 9211

Xornada con Beatriz Navarro, Directora de Marketing de Fnac, e taller de Marketing olfativo en Trison

O pasado venres, no espectacular showroom de Trison na Coruña, tivemos a oportunidade de coñecer e aprender de Beatriz Navarro. Unha verdadeira institución do marketing en España que, entre outras cousas, contounos que estamos na cuarta revolución industrial, que denominou ” a era da asistencia”, onde A VOZ é a aposta. Tamén nos falou das forzas que han mover o noso mundo nos próximos anos:
  • A omnicalidade. O ratio de transferencia do on ao off en canto a vendas funciona mellor se conviven ambos canais. A loxística coma clave estratéxica.
  • A inmediatez en toda a experiencia de compra (beacons, acces point, etc.).
  • Os datos, o novo ouro.
  • E a experiencia como o verdadeiro valor que compramos…
Outro concepto que nos deixou Beatriz foi o de que as empresas vivimos nun entorno VUCA, acrónimo inglés formado polo términos Volatility (V), Uncertainly (U), Complexity (C) Ambiguity (A), que caracterizase por ser un escenario no que as empresas vense na obriga de adaptarse aos continuos cambios que atacan o seu plantexamento estratéxico.
A xornada rematou cun divertido obradoiro de marketing olfativo, onde, da mán da nosa anfitriona Inés López-Pita, Marketing Manager de Trison, creamos un novo odotipo para os marketinianos do futuro. Aínda que traballamos en equipos distintos, todos incluimos mais ou menos os mesmos ingredientes: innovación, adaptabilidade, empatía, creatividade e coherencia.