Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Xornada de inbound marketing con Fred Lores
Onte disfrutamos dun novo afterwork no Círculo de Empresarios de Vigo con Fred Lores, especialista de captación de leads en Velneo. Ao longo da tarde profundizamos máis no inbound marketing, unha metodoloxía que combina técnicas de marketing e publicidade non intrusivas.
O obxectivo do inbound é acompañar ao usuario dende o principio do proceso de compra ata a transición final, cun único propósito: fidelizalo. Para isto debemos planificar un contido de relevancia, que aporte valor e que teña sentido para o cliente, amosándollo no momento máis indicado.
O inbound marketing parte da estratexia de centrarse no mundo dixital para atraer ao cliente (de maneira tradicional), e unha vez conseguido, é preciso realizar a prospección e seguimento usando ferramentas automáticas.
Fred Lores contounos asemade que dende a súa empresa, Velneo, están lanzando un CRM moi orientado á venda.