skip to Main Content
Nexos Reza Ou2

Xosé Luis Reza participou en “Nexos – Encuentros por Ourense”

Xosé Luis Reza, o noso presidente, segue a evanxelizar o marketing polo mundo. Esta vez, foi coa súa participación no “Nexos”, evento organizado pola Confederación de empresarios de Ourense.

 

Neste acto, Reza abogou polo co-marketing, e dicir, pola promoción común de empresas co mesmo perfil de clientes. O obxectivo é non usar a tan manida rebaixa dos prezos para gañar mercado, xa que como todos sabemos, non é unha estratexia moi intelixente. A razón é que degradamos a imaxe dos nosos productos e aínda por riba, podemos entrar en guerras de prezos coa competencia, co que imos comendo a marxe e a conseguinte caída dos ingresos.

Falou tamén da importancia de atopar fórmulas que permitan manter os niveis de vendas sen reducir os prezos. As vendas pasan pola busca de novos clientes a través de alianzas con empresas que teñan un target similar, e permitan unha promoción común.