Pasaron uns días do VII Foro de Marketing e Vendas e queremos compartir con vós algunhas aprendizaxes e fotografías do que deixou de si.
Markea na FEM (Federación Española de Marketing)
O pasado 1 de xullo tivo lugar a Asamblea Ordinaria da Federación Española de Marketing (FEM), espazo de colaboración entre diversos Clubes e Asociacións de Marketing de todo o territorio estatal, e na que se nomeou ao noso Presidente vogal da Xunta Directiva, entre outros nomeamentos. A FEM foi fundada no ano 1963 polos Clubes de Marketing de España, como plataforma de encontro e coñecemento entre todos os profesionais do Marketing.