skip to Main Content

VII Foro de Marketing e Vendas organizado por APD e Markea

Pasaron uns días do VII Foro de Marketing e Vendas e queremos compartir con vós algunhas aprendizaxes e fotografías do que deixou de si. Máis de 120 persoas inscritas acompañáronnos nesta cita bianual, nun escenario do máis experiencial, o Museo MEGA de Estrella Galicia.

O evento ademais contou co patrocinio dos nosos compañeiros de Avante, la agencia de medios que suma, e coa colaboración do Cluster da Comunicación, o Cluster do Ecommerce Galego, CdeC e Iuni Strategic Marketers.

A inauguración correu a cargo de Ana Sánchez, directora de APD Noroeste, Lucía González, vicepresidenta de Markea e Alfonso Boullosa, Delegado Noroeste de Avante. Nesta sétima edición falamos de tres palancas fundamentais para calquera compañía: a tecnoloxía, a sostibilidade e a experiencia do cliente vinculada ao marketing e ás vendas.

Deseguido, Álvaro Brandau e Enrique Díaz, de Avante, falaron da medición como o grande reto da publicidade actual e do uso dos datos para a toma de decisións. Leticia Álvarez, de Google Cloud, e Alejandro Murillo, de Imotion Analytics, falaron do papel da IA e os retos que nos implica e nos suporán no futuro.

A continuación, tivemos unha mesa redonda sobre experiencias de sostibilidade e economía circular de tres compañías moi diferentes entre si. Melisa Pagliaro por parte de Gadisa, Jorge Bastos de Ribera Salud e Pablo Alonso de Ecoforest, moderados por Elena Murillo, de Nortempo.

Para rematar, Xosé Luis Reza moderou unha mesa protagonizada polo marketing experiencial, onde Cristina García, de Esmerarte, Ana Párraga de Mega e Sonia Atanes, de Pepe Vieira deron conta de boas prácticas que aplican nas súas empresas. Sen dúbida para tomar nota.

Deixámosvos unha pequena galería de imaxes e neste link poderedes descargar máis recursos. Tedes que estar rexistrados en APD, iso sí https://suite.apd.net/actividad/2966/galleries