Pasaron uns días do VII Foro de Marketing e Vendas e queremos compartir con vós algunhas aprendizaxes e fotografías do que deixou de si.
Afterwork en Coruña
Despois dun merecido descanso estival retomamos os Afterworks en A Coruña cun convidado excepcional. José Rodríguez, Director de Marketing Dixital en Avante Medios, explicounos as claves para convertir os nosos leads en clientes, grazas á personalización de contidos na web, a automatización de tareas e o lead scoring.