O III MarkeaFest é a nosa cita anual co territorio e o marketing: un lugar, a xente e a sensación de estar exactamente onde había que estar.
Alfonso Mollinelli en Vigo
O gran triunfador dos I Premios de Comunicación e Marketing de Galicia, Alfonso Mollinelli, director creativo de Tony Lebrand, e autor, entre outras da primeira campaña de Markea, compartiu con nós numerosos exemplos de construcción de marca. Sen grandes orzamentos, pero enfocándonos en transmitir a personalidade e alma das nosas empresas a través do branding.
