skip to Main Content

Markea visita ZENDAL

O pasado venres día 18 as persoas asociadas de Markea visitamos as instalacións da empresa porriñesa ZENDAL, líderes na investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de vacinas para uso humano e animal. A nosa anfitriona foi Beatriz Díaz, directora de Marketing e Comunicación, e tamén asociada a Markea.

ZENDAL naceu coa vocación de reunir, baixo un mesmo paraugas, diferentes marcas como CZ Vaccines, BioFabri, Vetia, Petia, Probisearch, Zinereo, Ovejero e Maymo. É marabilloso ter en Galicia unha empresa líder como ZENDAL.

CZ Vaccines é a compañía matriz dedicada á investigación, desenvolvemento e fabricación de vacinas e biolóxicos para saúde humana e animal con presenza en máis de 65 países.

A visita ás instalacións

Unha vez coñecimos a evolución do grupo, baixamos aos espazos de laboratorio, onde puidemos ver todo o proceso que conleva obter unha vacina. Para iso tivemos que vestirnos de forma apropiada. Aquí vos deixamos unha selección de fotografías:

A evolución das marcas de ZENDAL

Unha vez visitamos os laboratorios, Beatriz explicounos como traballan no departamento de marketing, apoiados por unha axencia externa. O primeiro que fixeron foi cambiar os logos asociados a cada marca para que tiveran unha imaxe máis actual e unha liña tipográfica e de cores máis actual. Innovaron ademais no packaging, tendo en conta as complicacións que lles require ao estar no sector farmacéutico e comercializar a nivel internacional.

Tamén é importante a liña de comunicación que seguen, coa creación dos premios ZENDAL e a potenciación das mulleres nos ámbitos científicos.