O III MarkeaFest é a nosa cita anual co territorio e o marketing: un lugar, a xente e a sensación de estar exactamente onde había que estar.
Primeiro Afterwork Santiago de Compostela
Onte, no seo da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, desenvolveuse o primeiro Afterwork de Marketing e Comunicación que convocaron conxuntamente o Clúster da Comunicación Gráfica, Markea, Dircom, Creatividade, AJE e a propia Asociación do Polígono do Tambre. Nesta primeira oportunidade Jacobo Bermejo, Conselleiro Delegado de Tórculo e Secretario Xeral do Clúster de Comunicación Gráfica, esgrimiu as claves da industria 4.0 aplicadas á realidade industrial galega e aportou claros exemplos deste novo paradigma no eido das artes gráficas, entre outros.
