O IEDM é xa un informe de referencia para entender como ven o futuro inmediato máis de 200 directores e directoras de marketing do territorio
Unha xornada de luxo da man de David Sierra
No Círculo de Empresarios de Vigo, tivemos a oportunidade de coñecer a David Sierra. Un profesional de marketing galego que vive en Holanda e que se achegou á súa terriña para compartir e darnos a coñecer as tendencias no mundo do marketing dixital. Máis que tendencias realidades que el práctica a diario, non en vano é o Senior Manager, Programatic Marketing and Affiliates -eCommerce Europe de Adidas e Reebok.
Un auténtico luxazo que nos demostra o gran talento galego que hai espallado polo mundo. Grazas David!
