Visitamos as instalacións da empresa porriñesa ZENDAL, líderes na investigación, desenvolvemento, fabricación e comercialización de vacinas.
Visitamos a sede de Pull and Bear
O venres 25 os asociados de Markea visitamos a sede de Pull and Bear en Narón. Unha moi boa visita na que puidemos coñecer polo miúdo como traballa unha das grandes marcas galegas, tanto na súa parte loxística como na máis creativa.
Unha sede de 25.000 metros cadrados que acolle a 400 empregados, e cuxa media de idade se sitúa nos 38 anos. No mundo, forman parte de Pull and Bear máis de 12.000 empregados, e teñen unha presenza en 70 mercados mundiais.
A vista deu para moito. Primeiro estivemos no centro loxístico, onde moven e distribúen diariamente milleiros de prendas. Despois, visitamos as oficinas e coñecemos de primeira man como traballan no departamento de ecommerce, marketing e deseño.
Graciñas a Isabel pola acollida e por deixarnos aprender un pouquiño de vós!