skip to Main Content
1a090093 F5d0 44ec A870 Fa4e054d3c2e

Beerfing dixital – Encontros de creatividade e cervexa

Os pasados día 3 e 4 de xuño celebramos a segunda edicion de Beerfing, encontros de creatividade e cervexa nos que colaboramos, e que están organizados polo Clúster de Comunicación e Creatividade Galega, e patrocinados por Estrella Galicia. Nesta ocasión tivemos que mudar un pouco o formato para poder seguilos dende a casa, e só nos cabe agradecer o traballo e axuda de Miraveo.

Rosa Pumar, directora de Imaxe e presentadora do evento e Xose Luis Reza, presidente do Clúster

Cada día máis dun cento de persoas seguiron as ponencias impartidas. A xornada do día 3 de xuño foi iniciada por Beatriz Pereira, CEO de Iuni Strategic Marketers, que fixo un repaso polos cambios nos hábitos de consumo da poboación trala situación actual. Sen dúbida unha presentación moi necesaria para todos os que nos dedicamos a facer marketing, publicidade e comunicación.

De seguido relatáronse tres casos de éxito na publicidade: Bonilla a la Vista, Red Bull Energy Ads e Cidades con alma, a cargo de Julián Abad, director creativo e executivo de Wise Publicidad, de Santiago Romero, Socio e director creativo de Verve e Alfredo Luengo, CEO de 100×100 Creatividad, respectivamente.

Bonilla a la vista, grazas á súa publicidade en Corea do Sur e a estratexia de orientar o seu produto a un consumidor de status alto, logrou un product placement moi valioso na película gañadora do Oscar 2020, Parásitos. Isto valeulle aumentar enormemente as súas vendas, non só neste país, senón ao redor do mundo.

Pola sua banda, Santiago expuso dous casos de éxito que levaron a cabo para Red Bull Energy Ads, deixando constancia da coherencia dos eventos cos valores da marca. Fíxolles acadar premios en Branded Content cando aínda non existía nin a categoría.

E para termiñar, Alfredo amosounos duas campañas para duas cidades: A Coruña e Gandía, que partindo de escenarios diferentes conseguiron ambas moito éxito. Utilizando os recursos que tiñan a man, neste período de confinamento, coma a colaboración dos seguidores nas redes sociais, acadaron un gran alcance.


Ao día seguinte puidemos coñecer o magnífico traballo de xoves talentos, Lucía Verdugo e Emmanuel Joven no eido do deseño gráfico. Canto talento temos e canta creatividade demostran. Un luxo contar cos seus relatos.

Ao remate, puidemos escoitar ao creativo Juan García-Escudero, Chief Creative Officer de TBWA/España e un dos 100 creativos máis importantes do mundo. Fixo un repaso polas campañas publicitarias máis relevantes da súa carreira: Chrysler, Loterías (Bar Antonio, Justino e Carmina), cos que conseguiu emocionar a medio mundo, lograr que os vídeos se viralizaran, gañar decenas de premios de renome e incrementar as vendas en lotería de nadal e por último RuaVieja, e o seu archicoñecido, Tenemos que vernos más. A verdade que foi un verdadeiro luxo contar contigo, Juan.

Juan García-Escudero

Como broche final, todos os participantes de cada unha das xornadas e os espectadores brindamos dende as nosas casas con Estrella Galicia.

Moitas grazas a todos os participantes, organizadores e colaboradores: QuatroIDCP, Xose Teiga Studio, Wise, Canal Uno, Filxers, Imaxe, Koolbrand, 23:15, Tony Le Brand, dinahosting, Polygone, Hub, Reclam, Cactus Dixital, Corre Lola Corre, Miraveo, Iuni, Verve e 100×100 Creatividad.

Vémonos no seguinte Beerfing!