skip to Main Content
Foto Reza

Que pode facer o marketing polo meu negocio no contexto covid-19?

Este é o título da entrevista que dende o IGAPE lle fixeron a Xosé Luis Reza, como presidente de Markea e do Cluster da Comunicación de Galicia, o pasado 22 de outubro.

Reza expón que a función do marketing non está a cambiar, aínda que sí está a ter un protagonismo maior, dende unha maior comunicación cara os clientes e a sociedade ata un novo plantexamento das propostas de valor das compañías.

O marketing ten que servir para vender máis, e mellor. E xusto neste momento, o que precisamos nas empresas son ferramentas que nos axuden neste sentido.

Xosé Luis Reza

Remata Xosé Luis dando uns consellos que pasan por ter unha pensada estratéxica, na definición do cliente, as suas motivacións de compra e cómo queremos posicionarnos na sua mente fronte a competencia.

E pasar a operativa, poñendo en marcha a actividade comercial baixo os parámetros definidos na estratexia anterior.