skip to Main Content
Marine Instruments Visita Markea

Visita a Marine Instruments

Hai uns días visitamos a sede de Marine Instruments, onde traballa o noso asociado, Andrés Rodríguez. Milleiros de grazas por abrirnos as portas da túa empresa, e agradecementos a Jorge Pérez-Bouzada, director comercial, por atendernos tan ben.

Coñecemos o proceso de I+D para idear e posteriormente fabricar as boias e os drons, que facilitan tarefas de pesca de atún e protección de mares e océanos. Tamén estivemos nos talleres, vendo o proceso de fabricación realizado ao completo en Galicia. Ademais, tanto Andrés como Jorge Bouzada, explicáronos como monitorizan o seu estado, e como a propia boia, adestrada con IA, pode detectar bancos de atún. Todo isto facilita a labor dos buques de pesca, co conseguinte aforro de tempo e cartos.

Parabéns polo traballo realizado! Marine Instruments é a principal empresa mundial no sector das boias satelizantes, e non podemos estar máis orgullosos diso.

Compartimos algunhas fotos da visita!