skip to Main Content
Whatsapp Image 2019 05 06 At 09.07.32

Visitamos Disashop, un xigante mundial con ADN galego

A pasada semana visitamos a empresa coruñesa Disashop.

Moitas veces en Galicia temos xoias empresariais que son moi pouco coñecidas, pero que xeran moita riqueza no país. Disashop é un destes casos. Dende a humildade dun equipo liderado por Luis Fontal, un traballador incansable oriundo de Sarria, e dunha aposta clara polo talento sen límites dos nosos, Disashop xa ten conquistado 5 mercados internacionais. Ademais, presentou unha facturación de 573 millóns de euros no último ano, e dispón dunha rede comercial de 30.000 puntos de venta.

En Markea tivemos a sorte de coñecer, da man do seu Director de Marketing, Manuel López, esta gran compañía internacional dende as súas entrañas. Tamén compartimos co seu fundador unha mesa chea de realismo, traballo e compromiso. Moito compromiso.

Podes ver nesta galería algunhas fotos da xornada.