skip to Main Content
Foto De Loly Mc (6)

Os directores de marketing de Galicia vén o futuro con bos ollos

Isto é o que nos gustaría destacar do estudo que vén de realizar iuni strategic marketers coa colaboración de Avante Evolumedia, e que foi presentado a finais de maio nas instalacións do Grupo Quatrium, casa cedida pola nosa socia Ana Maceira.

Grupo Quatrium

Algúns de vós puidéchedes asistir á presentación física e outros seguimos a presentación en streaming 🙂

Tras unhas breves palabras de Alfonso Boullosa, Director noroeste de Avante Evolumedia; Maruxa Magdalena, Directora de Marketing do RC Celta e Juan Carlos Silva, Director de Marketing de Frinsa, aportaron a súa visión do marketing na nosa comunidade, como panelistas do estudo.

Logo destas intervencións Beatriz Pereira, CEO e socia directora da área de investigación de mercados de iuni, pasou a debullar os resultados da investigación que levou a cabo xunto ao seu equipo.

Beatriz Pereira, CEO e socia directora de investigación de mercados de iuni

Deixámosvos aquí algunhas conclusións:

  • A maioría da inversión publicitaria foi para medios convencionais, seguido de lonxe por buzoneo e encartes.
  • Os equipos de marketing son multidisciplinares e a gran maioría externalizan actividades.
  • A actividade de marketing máis frecuente neste 2020 foi o lanzamento de novos produtos.
  • No dixital, durante o 2020, aumentou o peso dos Banners en Grupos Editoriais ata un 85%.

Un dos apartados máis atractivos do estudo é a valoración das mellores campañas do ano, tendo en conta que son os colegas do sector os que votan. Deixámosvos a lista:

  • Estrella Galicia. “La Resistencia”

Gadis. “Non vas poder con nos”

Larsa. “Aquí facémolo así”

Pescanova. “Navidad 2020”

Turismo. Xunta de Galicia. “Camiña a Galicia”

Se queredes coñecer cal de estas campañas foi a mellor para os directivos de marketing galegos e os resultados completos da investigación, incluídas as expectativas para o 2021, fai clic aquí para descargar o estudo completo.