O venres 27 de outubro tivemos a sorte de percorrer as instalacións desta gran empresa…

Markea visita Vialia Vigo
Hai unha semana, os socios de Markea tivemos ocasión de coñecer o interior do novo centro comercial que abrirá en setembro en Vigo: Vialia Vigo
Da mán de Daniel Lorenzo, director de marketing, innovación e RSC de Nhood, percorremos todo o centro de arriba a abaixo e puidemos descubrir moitas cousas interesantes do mesmo.
Por exemplo, que desde o principio foi un proxecto colaborativo cos cidadáns de Vigo, fixéronse ata 10 focus group para escoitar a diferentes grupos de veciños (xeracións Z, X, Millenials e Baby Boomers) o que deu lugar á creación de áreas específicas para cada un deles en base a súas respostas.
Así, o centro disporá dun local senior para as persoas de máis idade, espazos de entretemento e deporte para todos os públicos, na esperada praza superior (30.000 m2), que aspira a converterse no novo centro de reunión da cidade olívica.
Pero ademais tiveron en conta o aspecto medioambiental desde o inicio do proxecto e xa contan con certificados como BREEAM, estratexias para a redución da pegada de carbono, o uso de plantas autóctonas, etc.
Coma eles din: “Vialia será un dinamizador social e económico de Vigo”
Grazas Daniel pola visita, aínda que tivésemos que disfrazarnos para facela 😉 Deixámosvos algunhas fotos que dan boa conta diso.